Ola xente ¿qué tal a semana?
Moito ánimo que xa estamos a xoves! ¿Xa tendes plans para a fin de semana? Está guay isto de ir organizando o tempo libre, porque podes empezar a desfrutalo por adiantado. Pois a actualización de hoxe tamén vai de plans, e como hai alguén que me vacila moito por tódolos plans que fago e como o organizo todo en listas, voulle dar a razón por unha vez, e vou pensar nas cousas que quero facer estes 24 días que vou pasar na casa en Nadal. ¿E por onde podo comezar?…
1.- Comer comida da casa: tortilla de patacas, arroz, bacallau, fideos con mexillóns, filloas, chocolate con laranxa, biscoito… Todo ata aburrir.
2.- Facer ceas italianas con todo o mundo, para que vexades o ben que se come por aquí, e poida ensinarvos as fotos, e contarvos cómo me foi nestes tres meses.
3.- Aprender a face-la pizza (sei que parece raro aprender en España e non en Italia, pero vivo na única casa do mundo que non ten nin forno nin microondas).
4.- Unha peli de domingo coa famila, con chuches do kiosko do parque de Marte.
5.- Sesión de cine: Co seu kebap no Firs’, e moitas palomitas. Sabedes se hai algún estreo previsto para estas vacacións?.
6.- Quedar coa panda ás 20:30 en Panaderas. Ir de tapas e logo a tomar algo no «balcón» do Galatea.
7.- Celebrar cos meus tódalas festas que me perdín e que me vou perder durante estes meses (santos, cumpreanos, aniversarios…)
8.- Quedar para tocar e cantar ata aburrir.
9.- Dar un paseo moi longo polo pase marítimo, dende o Milenium ata a Torre, xusto cando anoitece, para ver tódalas luces da cidade.
10.- Un café con cada un, para poñernos ó día e para organizar as viaxes de tódolos que ides vir por Italia este ano.
11.- Xogar á Wii con Pepe.
12.- Celebrar os cinco anos.
12+1.- Facer algunha excursión pola zona.
14.- …
E ata aquí chegou a miña imaxinación de momento. Agora gustaríame recibir algunha suxerencia, podedes continuar asingandolle algún evento ó 14 da miña lista. Cosa facciamo in Natale?
Moitos bicos xente, vémonos en 22 días!

