Ola xente, ¿qué tal?
Eu estou con enerxias renovadas despois de ir ó ximnasio. Resulta que a universidade de Genova ten un Centro Universitario Sportivo (C.U.S. Genova), no que se es Erasmus e pagas unha cuota de 20 €, podes participar nunha actividade que escollas durante todo o ano. Pois resulta que unha desas actividades é un ximnasio que hai preto da nosa casa, coas máquinas e as clases: de Step, Pump, TBW, Stretching, Addominali, Pilates… ¿E como se chama o sitio? PalaGym Don Bosco, non podía ser doutra maneira, jaj.
De momento non levei a cámara ás clases, así que vos deixo unha foto que atopéi por internet da sala de máquinas. Xa vos informarei dos meus progresos deportivos. Vémonos!
