Día 2: Primeiro día en Firenze

Ola de novo!

Pois agora toca falar de Florencia, capital da Toscana e cidade na que se desarrollou o Renacimiento a partires do século XIV (wikipedia dixit!). É impresionante, non a podedes perder. Seguindo a tónica da viaxe erguímonos cedo e visitamos un montón de sitios: A primeira parada foi a Galería da Academia. Non queriamos ir a Florencia e non coñecer a David! Logo a Piazza da Annunziata, o Duomo, o Campanile, o Baptisterio coa súa «Porta del Paradiso», e como queriamos ver a cidade dente o alto subimos á cúpula do Duomo. A verdade é que os máis de 460 escalóns que hai que subir para chegar ó máis alto se fan longos, pero a vista paga a pena (primeira foto).  

A seguinte parada foi a Igrexa de San Lorenzo, que foi tamén onde paramos a comer, porque atopamos alí na piazza un forno para comprar pizza al taglio e tamén unha gelateria. E seguimos a ruta: Santa María Novella, Piazza della Republica, Orsanmichele, Casa de Dante, Piazza della Signoria, Palazzo Vecchio, e para rematar un paseo polo Arno e unha parada no Ponte Vecchio (segunda foto).

A cea foi nunha pizzeria que nos recomendaron no hotel: comida típica toscana, presuposto axustado e na zona da universidade. Temos o nome para cando veñades por aquí.

E así rematou outro día de turisteo intenso. Pero non pensedes que xa quedou todo visto, quedaban máis museos, máis igrexas, máis prazas, e moitas máis escaleiras…

Ata a próxima!