Día 1: Chegada a Genova

Ola xente! ¿Qué tal?

Como prometera vou contarvos un poco da viaxe que fixemos a semana pasada coñecendo Genova, Florencia e Venecia. Espero non darvos moito a chapa porque a verdade é que son cidades impresionantes (que dan para sacar 515 fotos!…). Os que xa estivestes podedes contar a vosa experiencia, e os que non, tomade notas para cando veñades por aquí.

Pois o primeiro día se fixo bastante curto, entre trens e autobuses, só nos deu tempo a ir a cear un aperitivo, un xeado en Piazza delle Erbe e un paseo polo centro de Genova. A viaxe turística comezou ó día seguinte. Erguímonos cedo e fixemos un percorrido por todo o centro da cidade. Visitamos Piazza De Ferrari, Via Garibaldi, Piazza della Nunziata (con manifestación contra a reforma educativa incluida), o Castell d’Albertis (primeira foto), o Palazzo Reale, o Porto Antico, a Catedral (segunda foto), Porta Soprana, a casa de Cristobal Colón, Piazza dela Victoria… a verdade é que aproveitamos o tempo! Visitamos os monumentos máis importantes, disfrutamos da gastronomía local (todo o día comendo…), e ata tivemos tempo de manifestarnos cos estudiantes italianos, e de coñecer a unha señora moi particular que nos dicía que os da manifestación eran todos uns comunistas.

Ás 3 da tarde xa estabamos de novo na casa pechando as maletas para coller o tren a Florencia. E aquí aprendeu Carlos unha das primeiras frases en italiano desta viaxe: «Annuncio ritardo: il treno numero… delle hore 17:10 per Roma Termini arriverà con 35 minuti di ritardo», ¡Oddio! Por culpa do temporal tódolos trens chegaban con retraso, e aínda tiñamos que chegar a Pisa para facer alí un cambio! Pero todo saíu ben, chegamos a Florencia, chegamos ó hotel, e puidemos baixar a cear algo antes das 10 da noite.

Pois nada rapaces, ata aquí chega a crónica do primeiro día de viaxe. Se queredes saber qué pasou en Florencia non vos perdades a próxima actualización!

A domani!

Para exercitar a vista

Ola xente!

Canto tempo! Xa era hora de vir outra vez por aquí. Xa vos dixera na anterior actualización que marchaba unha semana de viaxe con Carlos para visitar Florencia e Venecia, así que despois do ritmo frenético dos primeiros días isto quedou un pouco morto. Prometo que a partires da próxima actualización ides saber máís desta viaxe, pero non é este o tema que nos ocupa.

Velaquí vos deixo dúas fotos que saquéi das paredes da miña habitación para que afinedes a vista e busquedes en cántas saídes.  Hai premio para @ gañador/a!

Vémonos!