Está claro que un blog non sería un blog sen as súas correspondentes dedicatorias, así que como hoxe é 26 de outubro imos adicar unhas liñas a felicitar a Jesús.
«Il mio amico si chiama Jesús e fa l’avvocato». Así se diría en italiano, ou sexa, fai de avogado, pero tampouco me vou arriscar a dicir que o é… non fun con él a clase… traballa nun despacho e ás veces vai ós xulgados… non podería asegurar nada… Está ben, sen comprometerse a nada, jaj.
Pois nada rapaz, que moitas felicidades. Desfruta deste día e de tódolos que veñan despois, que xa son 25 anos! Xa me dirás que se sinte despois de ter vivido un cuarto de século, que nuns meses estaréi igual ca ti. Celébrao por todo o alto, e garda un pedaciño de tarta para min. Os tiróns de orellas os reservo para decembro.
Moitos bicos!
