Ola xente!
Esto era o que pasaba hoxe ás 5 da tarde diante das oficinas da universidade de Genova en Via Bensa. A protesta contra a reforma educativa e os recortes de presuposto fixo que hoxe se concentraran en Via Balbi 4 un grupo numeroso membros da universidade que formaban a comitiva fúnebre no enterro da universidade pública. Ó final do camiño, na Piazza De Ferrari, se encontrarían con mestres e alumnos doutros nivéis de educación para protestar xuntos contra a reforma.
A reforma do sistema educativo prevé entre outras cousas, a eliminación de casi 100.000 postos de traballo, á volta ó mestre único para rapaces de entre 6 e 11 anos, e o recorte duns 8.000 millóns de euros nos presupostos de educación para o próximo ano. Outra medida polémica é a proposta de facer un exame de italiano ós fillos dos inmigrantes e poñer en clases distintas ós que non dean o nivel. A resposta de Berlusconi: «Non é racismo, senon sentido común».
Berlusconi declarou que a ocupación das sedes educativas é unha violencia que non pode ser tolerada, e amenazou con usar a forza pública para disuadir ós manifestantes, pero isto non servíu máis que para alentar á xente a sair á rúa. Toda Italia está movilizada: Milán, Roma, Nápoles, Turín, Siena, Perugia, Palermo, Bari, Pisa, Cagliari…
¿E tí, qué opinas da reforma?
