Ola de novo!
Quero que vexades un par de fotos dos primeiros días de turisteo que tivemos aquí en Genova. Aquí tendes a Catedral de San Lorenzo, «de pedra branca e negra, unha obra mestra de estilo gótico sobre unha planta románica anterior». Din que no seu interior está o Tesoro de San Lorenzo, e o «Sacro Catino», segundo algúns o Santo Grial. Ós lados da escalinata hai dous leóns de pedra, que foron esculpidos por un artista Genovés.
E ata aquí o noso momento cultural da semana, jej. Se queredes saber máis, podedes buscar pola rede ou vir para vela en persoa. Os mellores xeados que probei en Genova están só a uns pasos!
Vémonos!
PD: Sí, o que se ve ó fondo son as luces de nadal, sí que son previsores os italianos…jej.


COMENTARIO DE PERSOA DE 15 ANOS: ¡Prime!
COMENTARIO DE PERSOA DA MIÑA IDADE:
A verdade é que me custou distinguir as luces de Nadal, o león este con cara de Hugh Grant tíñame atrapado de todo.
Catedral bonita, pero como a de Compostela!! O que sí me gustou de verdade foi o detalle dos leóns!
Máis bicos!
Os leóns lémbranme ós do congreso dos deputados hehe. E ¿que gardan os leóns na igrexa? porque se eres pecador, deixaránche entrar igual, para ser perdoado 😛
Moi chula a catedral! Quero vela en persoa! 🙂
E hoxe vin, en ‘Pórtico’ de Santiago, o primeiro escaparate navideño da tempada! mimá, xa me pareceu esaxerado…en xénova xa nin che conto! en alemaña por esta época tiñan todo cargadiño de cabazas e outono (polo halloween)…e xusto cando remata, enchen todo de nadal
bicoooooo