Catedral de San Lorenzo

Ola de novo!

Quero que vexades un par de fotos dos primeiros días de turisteo que tivemos aquí en Genova. Aquí tendes a Catedral de San Lorenzo, «de pedra branca e negra, unha obra mestra de estilo gótico sobre unha planta románica anterior». Din que no seu interior está o Tesoro de San Lorenzo, e o «Sacro Catino», segundo algúns o Santo Grial. Ós lados da escalinata hai dous leóns de pedra, que foron esculpidos por un artista Genovés.

E ata aquí o noso momento cultural da semana, jej. Se queredes saber máis, podedes buscar pola rede ou vir para vela en persoa. Os mellores xeados que probei en Genova están só a uns pasos!

Vémonos!

PD: Sí, o que se ve ó fondo son as luces de nadal, sí que son previsores os italianos…jej.