Visita a Portofino

Ola xente ¿que tal?

Sinto moito o retraso desta primeira actualización. Xa sei que prometera mantervos informados via blog do que fose pasando por aquí, pero entre os agobios dos primeiros días, a búsqueda de piso, as convalidacións da universidade… non atopei un momento para sentarme a escribir. Ademáis hoxe estamos de estrea no piso, por fin temos instalado internet na casa, así que prometo que a partir de hoxe as actualizacións serán moito máis frecuentes.

O lóxico para unha primeira actualización sería comezar polo principio, pero como xa vos mandara a todos un mail contando as aventuras dos primeiros días, vou comezar por esta fin de semana e a visita a Portofino.

É una vila mariñeira moi pequena que hai preto de Genova. A verdade é que parece case de xoguete. As casas están xusto pegadas á auga, todas pintadas en tonos terra, e o porto é o centro de todo, coa auga totalmente clara e limpa. ¡O primeiro porto que vexo no que se distingue o fondo! Hai barcos de tódolos tipos: yates grandes e barcas pequenas, iso tamén forma parte do seu encanto.

Pois xa sabedes, podedes incluilo no itinerario para cando veñades de visita, a só 40 minutos de tren do centro de Génova (son coma Anne Igartiburu con Marina d’Or, jej).

Bicos xente! Máis novas nun par de días.

2 comentarios en “Visita a Portofino

  1. q wapa estásss!! y q buen tiempo tienes, aqui llueve :S
    que guay q tengas blog! prometo pasarme por aki a menudo, lo cuelgo en mis favoritos 😛 e come vai con il italiano? lo parli benissimo, sicuro! la prossima posta dil blog in genovese! 1 bacio

  2. Benvida!
    Xa teño a alguén máis para engadir nos favoritos do meu blog, visto que é complicado seguirlle a pista ao doutorpita.
    Moi bonitas as fotos, espero que non me vaias gañar co ritmo de actualizacións, que se non…
    E haberá que buscar deseños chulos, non? Non te vexo a ti con este deseño tan sosiño, co artista que ti es!
    Bicos!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.