Día 5: Segundo día en Venecia

Pois a viaxe xa vai chegando ó seu fin. Este día foi o que vimos máis cousas de Venecia. O percorrido comezaba ó lado do noso hotel, no Almacén dos Turcos, que fora a sede da representación comercial otomana en Venecia, e que é hoxe en día, Museo de Historia Natural da cidade. Logo seguimos ata Ca’ dOro, o Palazzo gótico-veneciano máis famoso da cidade, logo as igrexas de Santos Apostoles, Santa Maria dei Miracoli, Santos Giovani e Paolo, Santa María Formosa e San Zaccaría. E camiñando, camiñando, chegamos outra vez ata a praza de San Marco, e puidemos facer máis fotos, esta vez sen néboa. Logo chegou o turno da Igrexa de Santo Stefano, e cruzando o Gran Canal por Ponte Acadèmia chegamos a Santa Maria della Salute, que ten este nome en agradecemento pola salvación da cidade da peste de 1630.

E seguimos camiñando… Ca’ Rezzonico, Palazzo Grassi, Ca’ Foscari, que é a universidade de Venecia, e Santa Maria dei Frari. Foi nesta praza onde paramos a comer, porque ó estar preto da universidade, había moitos sitios baratos para comprar pizza al taglio.

Como a illa é moi pequena, eran aínda as dúas da tarde e xa tiñamos vistos todos os palazzos, igrexas e prazas que viñan na guía, así que voltamos á zona do hotel para visitar o Gheto Xudeu. Vimos a Sinagoga, a Casa Israelitica di Riposo, o Museo do Pobo Xudeu, tendas típicas… ¡e eran todavía as tres da tarde! Así que adicamos o resto do día a comprar comida típica para levar de recordo, e a pasear sen rumbo entre os canáis para descubrir as zonas máis escondidas da cidade.

E así rematou a nosa quinta etapa de viaxe. As fotos son dun canal preto do noso hotel, e da igrexa de Santa Maria della Salute. Espero os vosos comentarios e as propostas para unha nova viaxe. Bicos!

Un comentario en «Día 5: Segundo día en Venecia»

  1. Jooo! Que otra vez se acaban las vacaciones! Aún me hace gracia recordar el «y ahora, ¿qué hacemos?» cuando se nos acabaron las cosas por ver, jeje.

    Yo siempre pensando en la comida… Te faltó decir que la cena de este último día fuera de Génova fue estupenda (y un poquito timadora): ¡qué bien sabe la pizza parmeggiana!

    Y ahora lanzo la pregunta… ¿cómo seríais capaces vosotros de estudiar en la universidad en una ciudad como Venecia? «Hoy llegué tarde porque perdí… el barco; yo salí corriendo detrás de él, ¡pero se acabó la calle!». Y a todo esto, que por lo visto, cuando te laureas (o algo así) o te doctoras en la uni de allá, te humillan públicamente con unos cartelones en la plaza de la facultad, comentando tus mejores frases y tus peores fotos. Y con unos señores posters en A0 que te cagas…

    Insisto: Venecia mola, y la compañía que yo llevaba, más!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.