Ola xente! ¿Qué tal?
Como prometera vou contarvos un poco da viaxe que fixemos a semana pasada coñecendo Genova, Florencia e Venecia. Espero non darvos moito a chapa porque a verdade é que son cidades impresionantes (que dan para sacar 515 fotos!…). Os que xa estivestes podedes contar a vosa experiencia, e os que non, tomade notas para cando veñades por aquí.
Pois o primeiro día se fixo bastante curto, entre trens e autobuses, só nos deu tempo a ir a cear un aperitivo, un xeado en Piazza delle Erbe e un paseo polo centro de Genova. A viaxe turística comezou ó día seguinte. Erguímonos cedo e fixemos un percorrido por todo o centro da cidade. Visitamos Piazza De Ferrari, Via Garibaldi, Piazza della Nunziata (con manifestación contra a reforma educativa incluida), o Castell d’Albertis (primeira foto), o Palazzo Reale, o Porto Antico, a Catedral (segunda foto), Porta Soprana, a casa de Cristobal Colón, Piazza dela Victoria… a verdade é que aproveitamos o tempo! Visitamos os monumentos máis importantes, disfrutamos da gastronomía local (todo o día comendo…), e ata tivemos tempo de manifestarnos cos estudiantes italianos, e de coñecer a unha señora moi particular que nos dicía que os da manifestación eran todos uns comunistas.
Ás 3 da tarde xa estabamos de novo na casa pechando as maletas para coller o tren a Florencia. E aquí aprendeu Carlos unha das primeiras frases en italiano desta viaxe: «Annuncio ritardo: il treno numero… delle hore 17:10 per Roma Termini arriverà con 35 minuti di ritardo», ¡Oddio! Por culpa do temporal tódolos trens chegaban con retraso, e aínda tiñamos que chegar a Pisa para facer alí un cambio! Pero todo saíu ben, chegamos a Florencia, chegamos ó hotel, e puidemos baixar a cear algo antes das 10 da noite.
Pois nada rapaces, ata aquí chega a crónica do primeiro día de viaxe. Se queredes saber qué pasou en Florencia non vos perdades a próxima actualización!
A domani!


¡Que bonita foto de Hugh Grant en león, acompañado doutro Hugh Grant con pinta de min mesmo! (Por certo, que teño que ver o xeito de que poidas subir as fotos sen que se deformen e parezamos máis fraquiños do que somos –Comentario do servicio técnico do blog–)
Engado que o aperitivo do Palazzo Ducale non foi bo, senón boísimo, porque ningún dos dous puideramos almorzar, entre trens e buses, e tanta comida a esgalla sentounos moooi ben.
Do resto de eventos dese día 0 e do primeiro día en Italia… pasade polo meu blog nestes días (igual hoxe non, que ando liado co outro traballo, e non me dá tempo) e coñeceredes a miña impresión. Que tampouco vai ser tan distinta, pero bueno, ¡será a miña, á fin e ao cabo!
Pues no se si Carlos puso la cara del león o el león puso la cara de Carlos.
Esta chula la foto.